Músicos ao Vivo S. Coop. Galega é unha sociedade cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro, de ámbito galego, creada para ofrecer un servizo ao músicos galegos.
A cooperativa nace como continuación lóxica ao traballo realizado dende xullo de 2010 por Músicas ao Vivo en virtude do convenio asinado coas cooperativas de Musicat para facilitar o proceso de facturación dos músicos galegos. A nova cooperativa créase para dar mellor resposta ás necesidades dos nosos socios (envío máis áxil e rápido de facturas, facturas proforma, sinatura de contratos, simplificación e diminución nos prazos de envío de documentación, trato coas institucións públicas galegas e adecuación ás súas exixencias, pagamentos individualizados aos músicos das formacións, etc).
Creouse por iniciativa propia dos músicos coa intención de regularizar a súa situación laboral ante o reiterado incumprimento –ben por ignorancia, ben pola complexidade do sistema ou ben pola mala fe contractual- da normativa vixente, por parte de organizadores de espectáculos públicos.
OBXECTIVOS
– A posta en valor do traballo dás persoas dedicadas ao sector musical coa finalidade de promover a profesionalización da actividade de músico.
– Promover a difusión dá cultura musical de Galicia.
– Defender os intereses dos asociados e do colectivo
Información de contacto
Localización
Suscríbete a nuestra Newsletter
CONTACTO
PORTO DO MOLLE